Soidade de Xaneiro
Soidade de xaneiro
A casa énchese só por tempadas.
Chegan as chaves coñecidas, as risas que xa non viven nela, o arrecendo das comidas que antes eran cotiás e agora son excepcións. Durante uns días, todo parece volver ao seu lugar.
Os fillos regresan convertidos en visitas. Dormen nas súas habitacións, preguntan onde están as cousas. A casa recoñéceos, pero sabe que non quedan.
O Nadal fai crer que o tempo se confundiu. Hai mesas longas, conversas cruzadas, fotografías novas xunto ás antigas. Acéndense luces para enganar a ausencia.
Logo chega o final.
As maletas agardan no corredor, as apertas alónganse máis do necesario e o silencio comeza a gañar terreo incluso antes de que a porta se peche.
Cando todo remata, a casa volve quedar baleira.
E doe máis ca antes, porque xa sabes como soa cando está chea.
Mary F Folgueira.2026

