O balde do silencio
Mira, vouche contar unha cousa: os mariñeiros do porto non menten.
Ou bueno… menten doutra maneira.
Dígocho eu, que os vexo todos os días.
Aquela mañá atopeime con Pepe, o da gorra azul, o que di que o mar lle fala.
Estaba sentado no peirao, fumando tranquilo, e pregúntolle:
—Que, Pepe? Hai peixe hoxe?
Nin me mira.
—Nada, home. O mar hoxe está coma un plato. Nin as algas se moven.
Picaban onte cara...o , hoxe nada.
Eu asinto, pero o balde ao seu lado parecía ter vida propia: coletazos, burbullas, un desfile de escamas.
Fíxenme o despistado, pero non aguantei:
—E ese balde? —díxenlle.
Pepe ergueu unha cella, miroume serio e soltou:
—Ti debes andar canso… Ese balde está baleiro, home. Iso que ves ti son visións do madrugón.
E tapouno, coma quen pecha un segredo do mar.
O balde seguiu a moverse, e xuro que escoitei unha risiña, non sei se súa ou dos peixes.
Porque no porto, todos saben que o que máis pesca… sempre di que non.
Mary F Folgueira.2025

