Cando o ruído cala.
Hai momentos nunha concentración que non son unha actividade máis.
Non están para cubrir un horario, nin para facer quilómetros de noite sen máis. Están para parar. Para sentir. Para lembrar.
O homenaxe nocturno naceu do silencio e do respecto. Da necesidade de alumear, aínda que sexa cunha pequena luz, a quen xa non pode rodar connosco.
Quizais non todo o mundo o vive igual. E está ben.
Pero hai algo que non debería perderse nunca: o significado.
Porque isto non vai de cumprir. Vai de lembrar.
E mentres haxa quen pare un intre, quen apague o ruído e escoite o silencio… seguirá tendo sentido.
Mary F Folgueira.2026

